Benvida > Á procura dos materiais

Á procura dos materiais

    Non foi fácil atopar o carballo nacido en curva para a fabricación das cuadernas. A final atopámolo nun serradoiro de Lugo.



  

  

    Gran esforzo custounos o transporte, a carga e descarga duns taboleiros tan pesados.


 

    Outro tanto nos pasou coa clavazón, que pretendiamos de cobre, que hoxe non se fabrica en España. Houbo sorte e atopamos unha partida suficiente e medidas adecuadas nuns efectos navais.





    O carpinteiro dinos que, por experiencia propia, o carballo non leva moi ben co aceiro inoxidable. Por isto decidímonos a mecanizar os parafusos en cobre.
    Con isto asegurámonos que non haberá acción galvánica xa que todos os metais mergullados son do mesmo material.