Benvidos á páxina Web do Bote de Pao.
|
O Pajarito |
O Bote de Pao será unha replica fiel do Pajarito, bote pulpeiro da Ría de Ferrol que aínda navega a pesar de ter mais de 100 anos. Este bote foi construído no Río Baxoi (Miño) no ano 1907 polo carpinteiro de riveira D. Ramón Picos. O Pajarito foi propiedade ata hai pouco de Juan Romero Vázquez, mais coñecido como Tío Mini, do cal parte a iniciativa do Bote de Pao. |
Coa construción do Bote de Pao o que se pretende é recuperar e divulgar o noso patrimonio marítimo, tantas veces esquecido. Por este motivo vanse a manter todos os criterios de construción, materiais e aparellos cos que se realizou a embarcación orixinal.
Pensamos que a carpintería está en mans expertas. Vai ser realizada en San Isidro, Cedeira polo carpinteiro de riveira D. Cesar Loureiro Quintiana.
Mail: botedepao@gmail.com