|
|
|
|
| Benvida > Botadura |
Botadura
Por fin, como estaba previsto o sábado 17 botouse ao mar o Bote de Pao.
Ante a ollada de amigos, compañeiros e familiares e ao son das gaitas, Tío Mini tiña todo listo para que ás 5 da tarde o Bote de Pao saíse ao mar.
Unha vez que o barco estivo a flote, o patrón izou velas e puidemos ver esta embarcación navegar pola ría lembrandonos tempos pasados.
Deixámosvos as últimas fotos para dar por terminada esta web e lembrámosvos o correo electrónico do Bote de Pao (botedepao@gmail.com) para calquera opinión, consulta ou o que querades.
|
|
|
|
|
|
|