|
|
|
|
| Benvida > Comenza a construcción |
Comenza a construcción
Recibida a autorización para esta nova obra de carpintería de ribeira, pola Capitanía Marítima, o carpinteiro comeza o seu traballo.
Baseado nos planos do proxecto e comprobados os ángulos de proa e popa realízase unha media maqueta da cal sácase o taboleiro de formas. Sobre este taboleiro debúxanse as formas das cadernas e de aquí saen os plantillas.
Aquí mostrámosvos unha mostra en fotos.
É moi importante o correcto secado da madeira. Como queremos facer as cousas o mellor posible, temos que esperar a que o carpinteiro considere que a madeira esta no seu punto xusto de secado.
A madeira xa esta lista e seca. É o momento de ensamblar as cadernas simétricas. Posteriormente estas uniranse á quilla.
  
  
Comézase a unir as cadernas á quilla dándolle forma así o esquelete do bote.
Avanzamos pouco a pouco..
Colocada e amarrada a sobrequilla, montadas as cadernas de proa e tiradas as liñas da tapa e o courel.
  
  
Submenú
|
|
|
|
|
|
|