Benvida > Proxecto

Proxecto


"PULPEIRO"

EMBARCACIÓN TRADICIONAL

DA RÍA DE FERROL

DE 5.80 M. DE ESLORA TOTAL

BOTE DE PAO


                        
 
Bote construído en madeiras de carballo, piñeiro e iroko.

Clavazón de cobre.

Aparello de vela latina amartelada.



 
 

Eslora......5,800 Mts.

Manga......2,174 Mts.

Puntal......0,670 Mts.

Xeneralidades:

É unha construción tradicional, deseño idéntico ao dun pulpeiro (embarcación tradicional da Ría de Ferrol dedicado á pesca).


Trátase dunha embarcación de madeira, con propulsión a vela, hoxe deseñada para dedicala a embarcación de recreo. Aínda que na súa orixe foron construídas para a pesca artesanal. Dispón dun pau a proa para a navegación con vela latina.

Características principais:

Eslora total 5,800 m.
Manga máxima 2,174 m.
Puntal 0,670 m.
Peso total en rosca (aproximado) 0,532 t.
Peso total a plena carga (aproximado) 0,882 t.
Máxima carga 0,350 t.
Arqueo bruto aproximado (TRB`s) 2,44 TRB`s
2,88 TRB`s

Construción:

Cuadernas de Carballo de 65 x 50
Forro de piñeiro vermello de 22 mm.
Cuberta de iroko de 15 mm.
Baos de Carballo de 75 x 50 mm.


A embarcación non dispón de cuberta. No seu lugar disponse partes pechadas en proa, popa e bancos. O contorno da cuberta vai unido solidamente aos costados e o espello de popa mediante uns corredores laterais.



O meu agradecemento ao meu compañeiro Roberto Santos, do Seixo, que foi capaz de levar a planos a fasquia do Pajarito.