|
|
|
|
| Benvida > Tramites |
Tramites Non resulta
sinxela a legalización deste tipo de embarcacións. Os pasos que seguimos son:
- Encargar o proxecto a un enxeñeiro naval. Nel van todos os estudos técnicos
necesarios (cálculos de formas, estabilidade, escantillonado, T.R.B., etc. )
- A continuación hai que dilixenciar o proxecto no Colexio de Enxeñeiros.
- Ao ser construída a embarcación por un carpinteiro de ribeira autorizado,
este ha de presentar a Capitanía Marítima a solicitude de construcción e dúas
copias do proxecto.
- Pasado un tempo recíbese a autorización da C.M. indicando que a obra será
supervisada por eles desde o principio.
Por outra banda, cremos que no caso de que a embarcación sexa realizada por un “non
profesional”, existe outra vía para documentala, chámaselle “Construcción por
afeccionado”.
Neste caso o primeiro é solicitar o permiso á Xunta (Consellería de Industria).
Unha vez recibida a autorización preséntase, xunto co proxecto, á C.M. para a
súa autorización.
De todos os xeitos o máis recomendable é achegarse á C.M. que corresponda e
pedir alí a información.
|
|
|
|
|
|
|